Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba mellorará a contorna do Camiño Norte ao seu paso polo polígono

Por 11 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Vilalba está a acondicionar o percorrido do Camiño Norte polo polígono indutrial, así, esta primeira actuación será  para mellorar paisaxísticamente o Camiño ao seu paso por Vilalba.

Nesta zona, á beira da rotonda da N-634, no acceso do centro urbano por Campo de Ponte e a LU-861, será a primeira actuación, que contempla unha zona de uso peonil. Neste lugar, o Camiño Norte pasa preto da parte posterior das naves e dun espazo usado como aparcamento e onde se recolle a instalación dun espazo verde.

Este proxecto, que xa se mandou a Xunta de Galicia, contempla a creación dun espazo verde con bloques de pedra e árbores.

O orzamento para este traballo ascende a 19.858,02 euros.

A solución baséase na disposición dun elemento diáfano pétreo combinado con material vexetal. Co gallo de mitigar o moi negativo impacto que iso xera no Camiño proponse a súa delimitación mediante perpiaños dereitos fincado no terreo, dispostos cada 2 metros e intercalados con elementos vexetais a modo de setos con arbustos tipo Photinias.