Skip to main content
ActualidadeVilalba

Protección Civil de Vilalba recibe unha tenda de campaña para atención de emerxencias

Por 23 Decembro, 2019Sin comentarios

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, fixeron entrega de catro tendas de campaña de atención ás emerxencias aos concellos de Vilalba, Chantada, Mondoñedo e Monforte de Lemos.

As tendas están destinadas a atención ás emerxencias por parte das Agrupacións de Voluntarios de Protección Civil (AVPC). Son tendas de fácil transporte e lixeiras, con fácil montaxe e desmontaxe. Ademais, contan coa estrutura necesaria para instalar focos LED, xunto con catro tomas de corrente.

Esta entrega forma parte do compromiso do Goberno galego con continuar dotando de material e equipamento ás AVPC e aos Grupos de Emerxencias Supramunicipais (GES) co obxectivo de mellorar a calidade de resposta e a seguridade nas actuacións de prevención e nas intervencións en emerxencias.