Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba rematará o ano coa tradicional San Silvestre

Por 30 Decembro, 2019Sin comentarios

Vilalba volverá a celebrar a súa carreira popular de San Silvestre e volverá facelo o propio día último de ano e volverá estar combinada cunha andaina.

Así, a primeira actividade serán as carreiras para menores, que se desenvolverán a partir das 16.30 horas mentres que a andaina e a carreira de adultos dará comeoz ás 17:30 para a carreira absoluta.

A cita, como todos os anos, serán na praza da Constitución e contarán con 2,5 quilómetros para os que queiran camiñar e de cinco para os que corren.

O prazo de inscrición ábrese o luns 16 ata o 27 de decembro (ambos inclusives), podendo facer efectiva a mesma por dúas canles, online dende www.championchipnorte.com, e presencial na oficina de deportes do Concello de Vilalba.

Os prezos para a carreira de adultos será de 3 euros para os que se inscriban antes do 24 de decembro subindo a 5 euros para os que se apunten despois. A couta para a andaina será de2 euros para todas as idades. A participación nas categorías de menores será gratuíta e abrangue a todos os que naceran entre 2006b e 2016.

Ao remate do evento, farase entrega dos trofeos e medallas de cada categoría e poderán degustar un chocolate con churros, e todo iso animado con música para despedir o 2018.

Ademais premiarase o mellor disfraz adulto e infantil (individual e por grupos).

As distancias que recolle o regulamento para as categorías menores son de 400 metros para a categoría A (2013), 400 metros para a B (2012-2011), 1.000 metros para a C (2010-2009-2008) e 1.600 metros para a D (2007-2006-2005). A inscrición é gratuíta en calquera caso.