Skip to main content
ActualidadeXermade

Xermade terá este nadal unha viaxe a Xuvenlugo e unha festa de Reis

Por 10 Decembro, 2019Sin comentarios

O Concello de Xermade organizará un ano máis unha viaxe gratuíta a Xuvenlugo dentro da programación de Nadal. A viaxe terá lugar o día 2 de xaneiro con saída da praza ás 15.30 horas e chegada a Lugo unha hora máis tarde. A volta será ás 20.30 horas.

Trátase dunha actividade de balde na que os pequenos deberán ira acompañados polos seus pais.

Ademais, o día 5 haberá festa de Reis no pavillón municipal de Xermade, con animación e merenda, que consistirá en chocolate con un doce para mollar.

Os Reis recibirán aos pequenos a partir das 16.00 horas para gozar destas festas de Nadal. Non faltarán as sorpresas para que grandes e pequenos gocen desta celebración.