Skip to main content
ActualidadeMeira

O Concello de Meira dotará dunha Etap o depósito de augas de Grañanova

Por 2 Xaneiro, 2020Sin comentarios

O alcalde en funcións de Meira, Agustín Méndez, explicou que o Concello está a traballar na redacción dun proxecto para dotar dunha estación de tratamento de auga potable (Etap) no depósito municipal de Grañanova. O obxevctivo desta medida é  corrixir os problemas de exceso de ferro e aluminio detectados nas últimas analíticas realizadas nesta traída.

Dende hai algún tempo o Concello ten detectados problemas de turbidez en zonas como Costa e Cabo, San Roque ou Regolongo, que xeraron diversas queixas veciñais, ao verse afectadas varias vivendas e tamén un negocio hostaleiro. Aínda así o Concello lembra que a auga é pobable.

Estes problemas achacáronse nun principio creuse a algunha fuga pero finalmente constatouse a presenza de metais, unha problemática que se tentará atallar coa instalación de filtros para que a auga chegue xa limpa ao depósito.

Tamén se procederá á selaxe da estrutura para evitar que o problema volva repetirse. Esta non será a única actuación que acometerá o Concello xa que ten previstas outras melloras en diferentes puntos.