Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Compran o balneario de Guitiriz por 4,5 millóns de euros

Por 10 Xaneiro, 2020Sin comentarios

Tras varios anos de espera, o balneario de Guitiriz foi adquirido finalmente. A empresa beneficiaria é a madrileña Foro de Formación e Edicións S.L. que comprou as instalacións por 4,5 millóns de euros. Así se acordou nunha subastilla celebrada a finais do ano pasado no Xulgado do Social de Lugo.

Aínda que a venda xa foi pechada, resta só que se asine a escritura de compravenda e de que a adxudicataria abone o importe íntegro para que se comecen a poñer as bases para poñer remedio á situación de deterioro deste complexo termal da comarca da Chaira con cen anos de historia.

Esa formalización da escritura está pendente de que Abanca, que ten un crédito hipotecario sobre parte dos bens, dea o visto e prace. Esta entidade financeira xa renunciou a exercer o seu dereito de adquirir o aloxamento termal polo mesmo importe ofrecido pola adxudicataria.

Este aloxamento chairego, que leva inactivo desde a primavera de 2017 e que sufriu continuos saqueos, tivo xa tres ofertas. A primeira foi dunha firma coruñesa, que ofreceu 700.000 euros; outra de Cantabria, que xestiona unha decena de instalacións termais en España, propuxo tres millóns de euros, e a mencionada de Madrid, allea a este sector, 3,8 millóns.

Debido á concorrencia de diferentes ofertas, co Xulgado do Social citou aos tres a unha subastilla para que mellorasen as súas ofertas e foi finalmente adquirido pola firma madrileña. Esta empresa non se dedica ao termalismo, nin á hostalería, polo que se supón que de pecharse a operación supoñen quenegociará cunha cadea de hoteis para a explotación.

O balneario de Guitiriz conta con 103 habitacións, tres mananciais de auga mediciñal, un campo de golf de nove foxos e ata unha mesquita e un xardín botánico nunha superficie dunhas 40 hectáreas. Foi durante o tempo máis duro da crise cando entrou en concurso de acredores cunha débeda que rolda os 13 millóns de euros. Inicialmente conseguiu rubricar un convenio cos seus acredores para saír deste procedemento, pero finalmente viuse abocado á liquidación.

As instalacións, que levan 3 anos pechadas, sufriron múltiples saqueos e son utilizadas polas parellas polas noites. Foi arrincada a grifería, o cable de cobre e os mobles dos dormitorios. Aínda que se contratou un servizo de vixilancia non pudieron parar os saqueos.