Skip to main content
A PastorizaActualidade

O 18 haberá un curso de competición no circuíto da Pastoriza

Por 14 Xaneiro, 2020Sin comentarios

A Escola PTC de Pastoriza organiza no circuíto local un curso de competición, que terá lugar o sábado 28 de xaneiro nas instalacións deportivas.

Estes cursos están enfocados a aqueles pilotos que desexen perfeccionar a súa técnica de pilotaxe, a elaboración de notas, labores organizativos dun equipo de competición…  Revísanse os coñecementos a nivel técnicas de condución de cada un dos asistentes, tratando de puír e mellorar aspectos básicos e fundamentais como as mans, os trazados, o uso do campo de visión, freo e acelerador, control do vehículo a través dos pesos, etc…

Unha vez perfeccionada a base trabállanse técnicas máis específicas de condución como o uso do freo de man, pé esquerdo, abalos. Nestas xornadas os alumnos poderán ir mellorando a súa técnica acompañados de monitores especializados. Finalmente faranse quendas cronometradas para avaliar a progresión de cada un deles e sacar mellores conclusións acerca da melloría en cada caso particular. Os coches para empregar serán os dos propios alumnos, sendo obrigatorio o uso do casco durante a celebración do curso en caso de estar equipados con barras antivuelco. Estes cursos requiren dunha atención moito máis personalizada, polo que o número de alumnos é máis reducido en función do número de monitores dispoñibles.

A inscrición pode facerse no teléfono 650 367 521 ou no correo info@#ptcescuela.com.