Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

Leña Verde de Pol prepara unha animada festa de Entroido

Por 12 Febreiro, 2020Sin comentarios

A asociación Leña Verde de Pol organizada conxuntamente coa Asociación de Mulleres Rurais Olvido a festa do Entroido para o martes 25 de febreiro.

A xornada terá actividades para público infantil e adulto e comezará ás 16.30 horas coa apertura da inscrición para o desfile de disfraces, con categorías individual e de parellas.

Xa ás 17.00 horas dará comezo o desfile infantil/xuvenil, que non terá carácter competitivo, polo que se entregarán obsequios a todas as persoas participantes. A continuación, haberá unha actuación a cargo de Teatro Marionetas Trécola.

Para o desfrute do público adulto farase a ruta ao son dos cantos de taberna, que levaraos ata os bares e tabernas de Mosteiro, Andión e Luaces co acompañamento dos grupos Leña Verde e Airiños da Freba, que darán pé a cantar, bailar e participar da alegría que sempre levan consigo. En cada parada os establecementos poñerán magníficas tapas con cada consumición.

Comezará o percorrido ás 18.30 horas na Casa Pepe de Andión e sobre as 19.15 na Casa Cuadrado de Luaces. Logo continuarán polos establecementos de Mosteiro, desde o Canadá, pasando polo Abuide, Agustín e Saleta, cunha parada aproximada de 45 minutos en cada un deles.

Sobre as 23.00 horas terán o fin de festa no local social de Leña Verde, onde farán o tradicional convite.