Skip to main content
ActualidadeRiotorto

Organizan unha andaina pola Vía Rexia do Norte

Por 28 Febreiro, 2020Sin comentarios

Dentro das actividades organizadas para reivindicar a Vía Rexia do Norte, a asociación de veciños de Santa Comba da Órrea en colaboración co veciños da Magdalena de Xudán, organizan unha andaina por esta vía que se desenvolverá o sábado 28 de marzo.

Esta sairá da praza dos Fornos da Pontenova ás 10.30 horas con chegada á capela de San Sidro de Xudán ás 13.00 horas aproximadamente tras percorrer uns 9 quilómetros.

A continuación terá lugar o xantar, ás 14.00 horas no hotel San Briz da Pontenova, que terá un custe de 20 euros por persoa.

O interesados en participar no xantar deberán reservar e a organización lembra que a andaina e a comida son indepentes polo que os intersados poden apuntarse aos dous o a cada un deles indistintamente.