Skip to main content
A PontenovaActualidadeSecciones TerraCháXAZonas AMARIÑAXAZonas LUGOXA

A Pontenova acolle de novo a Concentración de Asociacións de Sendeirismo e tempo libre

Por 18 Febreiro, 2020Sin comentarios

A Pontenova organiza un ano máis, a Concentración de Asociacións de Sendeirismo e tempo libre de Asturias e Galicia, que este ano chega a súa décimo terceira edición.

Será un percorrido programado pola ruta das Reigadas, de 8 quilómetros e dificultade medioa alta. Pero tamén haberá un percorrido opcional, o da ruta da Seimeira máis o último tramo das Reigadas, 8,6 quilómetros de dificultade media.

A data para esta xornada será o 31 de maio e comezará ás 9 da mañá coa concentración dos participantes na praza dos Fornos, para despois dar comezo ás rutas.

Ao mediodía haberá un xantar a base de bolos de liscos, bolos preñados, sobremesa e bebidas.

Pola tarde será o sorteo de prendas de trekking entre os asistentes.

Para participar é necesario inscibirse gratuitamente chamando ao 982 342 101, 697 532 809 ou no emial turismo@concellodapontenova.org antes do 29 de maio.