Skip to main content
ActualidadeCospeito

Muimenta acolle o espectáculo Rilla-Rilla este sábado

Por 6 Febreiro, 2020Sin comentarios

A Anpa A Granda de Muimenta celebrará o 8 de febreiro na casa da cultura desta localidade o espectáculo Rilla-Rilla, dirixido a públicos de todas as idades e cargbo de Xarope Tulú.

A sesión dará comezo ás 18.00 horas e terá un prezo de 1 euros para nenos socios e acompañantes e de 3 euros para os que non son socios. Os pequenos de 2 anos teñen a entrada de balde.

Rilla-rilla é un espectáculo de pequeno formato dirixido a todos os públicos, que tenta pór de manifesto a variedade dialectal do  idioma galego. A través do relato irá mergullando aoi seu público nun mundo de rotacismos, un lugar con idiosincrasia propia que estivo aí sempre e ao que poucas veces se lle pon atención.

Rilla-rilla é un espectáculo dinámico onde o público pasa a ser protagonista desde o primeiro momento.