Skip to main content
ActualidadeVilalba

O Concello de Vilalba súmase ao reto lector 2020

Por 5 Febreiro, 2020Sin comentarios

A biblioteca municipal de Vilalba sumouse aá iniciativa O reto lector, que ten como obxectivo fomentar a lectura entre toda a veciñanza e lograr que gocen da literatura.

As persoas que se queran unir a esta iniciativa deberán de ler 12 libros do catálogo de fondos bibliográficos municipais.

Co obxectivo de facilitar a elección dos títulos, establecéronse varias categorías temáticas que permitirán aos lectores e lectoras organizar as súas lecturas e o seu calendario da forma que lles resulte máis cómoda, sendo recomendable a lectura dun libro ao mes.

Entre as categorías figura un libro que se adaptara ao cine, outro escrito por unha muller, un sobre arte, un libro en galego, un de banda deseada, unha biografía, un libro ambientado en Galicia, relatos cortos, un libro premiado, unha historia baseada en feitos reais e un clásico literario.

Os lectores e lectoras que logren completar o reto, ao finalizar o ano, recibirán un premio, que consistirá no sorteo entre os participantes dunha cesta de libros por valor de 100 euros.