Skip to main content
Actualidade

Comezan as obras de asfaltado da A-6 con afeccións ao tráfico

Por 10 Marzo, 2020Sin comentarios

O Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (Mitma) está a realizar as obras de rehabilitación do firme en varios puntos da Autovía do Noroeste (A-6), con motivo das cales se producirán afeccións ao tráfico durante este mes de marzo, quedando suxeita a súa temporalidade ás condicións meteorolóxicas.

Os tramos inmersos na actuación de rehabilitación son os comprendidos entre os km 505,500 ao 512,000 (contorna de Outeiro de Rei) na calzada sentido A Coruña, e entre os km 539,000 ao 540,000 (contorna da ligazón coa N-634 en Guitiriz), na calzada sentido Madrid.

Durante a realización das obras, será necesario cortar ao tráfico o carril afectado, que será maioritariamente o dereito, quedando en todo caso habilitado para a circulación o outro carril da calzada.

Os traballos teñen como finalidade a rehabilitación superficial do firme, incrementándose as prestacións do mesmo e por tanto mellorando a seguridade viaria e a comodidade dos usuarios. En concreto, procederase ao fresado do firme nunha profundidade de ata 5 cm e á posterior reposición do mesmo co estendido dunha mestura bituminosa en quente.