Skip to main content
Actualidade

Castro solicitará a posta en marcha da planta de biogás do Centro de Recría

Por 14 Marzo, 2020Sin comentarios

O Partido Popular de Castro de Rei presentará no vindeiro prleno ordinario unha moción para instar á Deputación Provincial de Lugo á posta en funcionamento da Planta de Biogás integrada nas Instalacións do Centro de Recría de Castro Ribeiras de Lea.

Segundo explica a moción, a xunta de Goberno da Deputación Provincial de Lugo aprobou en sesión ordinaria celebrada o día 4 de abril de 2014 o Proxecto de Construcción da Planta de Biogás Agrogandeiro Máis Grande de Galicia, integrada no Centro de Recría da Granxa Gaioso Castro
O importe das obras consistentes na construcción da devandita planta ascendeu á cantidade de 1.425.779 euros aos que hai que engadir os custes de licenza e redación de proxecto que elevan a cantidade invertida a máis de 1.450.000 euros

“O Centro de Recría da Deputación comenzou a funcionar no mes de xuño de 2018, e mesmo na súa posta en marcha se puxo de manifesto, dende o ente provincial que, ó contar o Centro con unha planta de biogás única en Galicia, sería tamén autosuficiente dende o punto de vista enerxético, producindo 300 kilovatios de enerxía suficientes para abastecer as propias instalacións a través da transformación dos propios residuos da explotación que suporían un tratamento de entre 28.000 e 32.000 metros cúbicos de purín ó año”, din.

Engade que cinco anos despois da súa posta en marcha, a Planta de Biogás non funciona, “a pesar de estar rematada no ano 2015, e contar con Licenza de Actividade por parte do Concello nesa data, resultando que tanto a maquinaria como o seu sistema de funcionamento corren risco de deterioro, non estando garantizado o seu funcionamento, logo de 5 anos dende que foi rematada, sen levar a cabo unha profunda revisión mecánica de tódolos elementos, o cal engadido ó importe económico da instalación acometida con diñeiro público, e á vista de que o seu obxecto foi precisamente que o Centro de Recría fose enerxéticamente autosuficiente, aforrando 200.000 euros de enerxía eléctrica ó ano e outros 100.000 en auga quente e calefacción, logrando cero euros nestes custes enerxéticos e ademáis producindo excedentes de enerxía que deixaríán libres 2.000 megavatios eléctricos anuais, suficientes para abastecer 250 vivendas, xustifican con carácter urxente a súa posta en funcionamento”.

Tamén aseguran que ademais destes aforros, manifestábase que outra das vantaxes da planta de biogás sería o incremento do valor agronómico dos puríns e do abono, transformándose en dixestato, mellorando a capacidade do fertilizante e a reducción da emisión á atmósfera de 400 toneladas de CO2 anuais, contribuíndo así a unha xestión racional e sostible.

“Á vista dos feitos anteriores pódese concluir que a Deputación Provincial de Lugo tén invertidos na Planta de Biogás preto de 1,5 millóns de euros que non prestan ningún servizo publico, non supoñen ningún tipo de aforro ás arcas provinciais, e non reducen emisións de CO2 tal e como se xustificou no seu momento para realizar a inversión, feitos ós que hai que engadir que, de non poñerse en marcha, e non funcionar dacordo co previsto, podería definirse coma unha actuación desviada de fondos públicos de difícil xustificación para os responsables provinciais que tomaron a decisión”, conclúen.