Skip to main content
Actualidade

Pedro Sánchez fai públicas as novas medidas económicas

Por 17 Marzo, 2020Sin comentarios

O presidente do Goberno, Pedro Sánchez, anunciou finalmente o decreto de medidas económicas dirixido a paliar as repercusións da crise do coronavirus. Así, indicou que o executivo mobilizará 200.000 millóns de euros, na que será “a maior mobilización de recursos económicos da historia recente de España”, xa que 117.000 millóns serán “integramente públicos” e o resto, privado.

Na súa comparecencia tras o Consello de Ministros que aprobou un novo paquete de medidas económicas e antes de detallar estas actuacións, Sánchez sinalou que é necesario continuar coa loita contra o contaxio masivo.

AUTÓNOMOS

O Goberno afirmou que todos os autónomos con perdas severas, así como os societarios e os empregadores, poderán acceder a unha prestación extraordinaria por cesamento de actividade e quedarán exonerados de pagar as cotas á Seguridade Social.

Esta prestación tería unha duración dun mes pero poderíase prorrogar e calcularase co 70 % da base reguladora ou co 70 % da base mínima cando non se poida acreditar o período mínimo de cotización para ter dereito á prestación.

Os beneficiarios serán autónomos cuxa actividade quede suspendida ou cuxa facturación no mes anterior fose reducida nun 75 % en relación coa media de facturación do semestre anterior.

ERTES

Os traballadores afectados por un ERTE (expediente de regulación temporal de emprego), neste momento e sempre que sexa polo coronavirus, terán dereito a percibir a prestación contributiva por desemprego e ese tempo consumido de paro non contará como gastado. Resolveranse nun prazo máximo de sete días.

Tamén se introducen cambios para recoñecer o dereito para cobrar o paro a todos os afectos “aínda que carezan do período de ocupación cotizada mínimo necesario para iso”.

HIPOTECAS

O Goberno aprobou unha moratoria no pago das hipotecas para aquelas persoas que perderon o seu emprego ou visen reducidos os seus ingresos polo coronavirus.

A VACINA

Sánchez anunciou unha partida de 30 millóns que irá destinada a laboratorios españois que investigan a vacina contra o coronavirus Covid-19.

A partida dos 30 millóns irá destinada a dotar ao Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e ao Instituto de Saúde Carlos III de Madrid ( ISCIII) dos recursos precisos para facer fronte a esta emerxencia sanitaria, dixo.