Skip to main content
Actualidade

O Goberno destina outros 19 millóns de euros a servizos sociais en Galicia

Por 26 Marzo, 2020Sin comentarios

O Goberno destina 18.905.902 euros a servizos sociais extraordinarios en Galicia vinculados ao impacto do COVID-19. O delegado do Executivo en Galicia, Javier Losada, celebrou a aprobación do envío de fondos, lograda durante o Consello de Ministros.

Javier Losada subliñou que os fondos son unha mostra do compromiso do Goberno de Pedro Sánchez con Galicia. En concreto, explicou que os 17.010.652 euros destinados ao reforzo de políticas sociais e de atención a familias é a quinta maior contía entre as comunidades autónomas.

Esta cantidade está dentro dos 300 millóns de euros aprobados o pasado 17 de marzo. Coa repartición por autonomías da contía, que debe centrarse en persoas maiores, dependentes, persoas sen fogar ou familias monoparentais, entre outros, chega unha achega do ministerio de Dereitos Sociais e Axenda 2030, coa autorización do Ministerio de Facenda.

Algunhas das accións para financiar serán as de reforzar os servizos de proximidade de carácter domiciliario, incrementar e reforzar o funcionamento dos dispositivos de telasistencia domiciliaria, trasladar cando sexa necesario ao ámbito domiciliario os servizos de rehabilitación, reforzar os dispositivos de atención a persoas sen fogar, adquirir medios de prevención, ampliar os persoais de centros de servizos sociais ou centros residenciais.

Ademais desta achega, existen outros 25 millóns de euros dos que Galicia percibirá 1.895.250 euros, tamén a quinta maior contía entre as comunidades autónomas. Esta cantidade está adicada a axudas que garantan o dereito básico de alimentación de nenos e nenas en situación de vulnerabilidade.

Trátase de nenos que recibían nos seus centros educativos unha bolsa comedor, e que #ante o peche dos mesmos, atópanse desprovistos desta comida esencial. As axudas poderán consistir en transferencias económicas directas ou a prestación directa de distribución de alimentos. Serán beneficiarias as familias con alumnado desde educación infantil ata secundaria a quen as comunidades autónomas ou os servizos sociais municipais concedesen bolsas ou axudas para o comedor escolar durante o presente curso académico. As axudas prolongaranse mentres permanezan clausurados os centros educativos, sen prexuízo da súa revisión en función da duración desta circunstancia.