Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

A Deputación investirá preto de 200.000 euros en vías de Guitiriz

Por 10 Marzo, 2020Sin comentarios

A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou a adxudicación dun conxunto de obras en estradas de titularidade provincial nos concellos de Guitiriz e Antas de Ulla por preto de 270.000 euros. Así informou o presidente, José Tomé, que explicou que os traballos se desenvolverán na primavera e teñen como fin mellorar a seguridade e a comodidade dos usuarios e usuarias que transitan por estas estradas provinciais. 

Por unha banda, no caso de Guitiriz, aprobouse a adxudicación dos traballos que se van realizar na estrada provincial LU-P-2302, no termo municipal de Guitiriz, por 197.880,54 euros. Esta é unha vía que comunica a capitalidade de Guitiriz co Concello de Sobrado dos Monxes, na provincia da Coruña. As actuacións vanse facer nun treito duns 6 quilómetros, entre a parroquia de Mariz ata o límite coa Coruña, entre os puntos quilométricos 3,5 e 9,5. 

Os traballos consistirán na limpeza das cunetas, con reafirmado dos bordes, dotando despois a toda a superficie dunha capa de aglomerado en quente, e que finalmente será sinalizado.