Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Guitiriz organizará en xullo un campamento xuvenil

Por 12 Marzo, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz organizará do 6 ao 10 de xullo un campamento xuvenil de verán dirixido a rapaces e rapazas nados entre os anos 2004 e 2010 no que se practicarán actividades de aventura e acuáticas.

Os participantes poderán desfrutar de actividades no parque de aventuras Roq Park de Viveiro, no paintball de Galdo, surf e paddle surf en Valdoviño, no parque acuático de Cerceda e no parque multiaventura Galipark en Padrón con noite de acampada.

O prazo para anotarse estará aberto ata o venres 17 de abril para aquelas persoas empadroadas en Guitiriz. Tras esta fase, e só se quedan prazas libres, do 20 ao 30 de abril poderán inscribirse as non empadroadas. Desde o Concello habilítanse un total de 50 prazas, e as admisións serán por rigoroso orde de inscrición.

O prezo desta actividade é de 150 euros pero o Concello de Guitiriz subvenciona a cantidade de 50 euros por neno ou nena para as persoas empadroadas. Ademais, haberá unha reunión informativa o 19 de xuño ás 20:30 horas na Casa Habanera que servirá para entregar a programación detallada e os horarios.