Skip to main content
ActualidadeRábade TERRACHÁXA

Rábade conmemorará o aniversario da súa fundación cunha festa de recreación histórica

Por 10 Marzo, 2020Sin comentarios

Rábade vestirase de festa o día 30 de maio coa intención de conmemorar o aniversario do recoñecemento de Concello para esta localidade, que tivo lugar no ano 1925.

A intención do Concello é conmemorar esta data ao ao ano e pouco a pouco ir crecendo en relevancia para no ano 2025 poder festexar o centenario da creación do Concello de Rábade.

A intención é que esta festa tenta un tinte de recreación histórica polo que a intención inicial desta primeira convocatoria é seguir o programa da celebración inicial, con disparo de bombas de palenque a primeira hora do día, a chegada do ferrocarril á vila, o recibimento da banda de música por parte das autoridades, o descubrimento do arco conmemorativo ou a visita aos postos dos oficios.

O programa aínda está en plena xestación, pero xa se sabe que irán nesa medida e que se desenvolverán na prazuela. A festa recibirá o nome de Outrora2020 e esta será a súa primeira edición.

O obxectivo é dar a coñecer a todos os veciños as orixes do pobo e involucrar a asocaicións e comecios facéndoos partícipes desta celebración.

Polo de pronto, como nas festas deste estilo, promocionarase asistir vestidos de época polo que todos os martes estase a celebrar un taller de confección de vestiario no centro sociocultural. O taller está destinado a asesorar a todos os participantes que queiran elaborar, ou adaptar unha vestimenta acorde coa que os rabadenses levaban aló polos primeiros anos do século XX. Está dirixido por Marga Portomeñe e se celebra a partir das 20.00 horas.

Para poder participar hai que inscribirse no departamento de Cultura do Concello ou no teléfono 982390062.