Skip to main content
ActualidadeVilalba

A Asociación Feminista de Vilalba proxectará un documental con motivo do 8M

Por 6 Marzo, 2020Sin comentarios

A Asociación Feminista de Vilalba, dentro das actividades previstas con motivo do 8 de marzo, Día da muller traballadora, levará a cabo a proxección do documental Cuidado, Resbala.

Poderase ver o sábado 7 de marzo ás 20.00 horas no salón de actos do IES Basanta Silva. A actividade será de balde.

Esta obra está baixo o guión e dirección de María Camacho, Montserrat Clos, Mercedes Cordero, Vanessa Gómez, Leonor Jiménez, Nadia Ruíz e Carolina Suárez e producida polo Círculo de Mujeres, a película conta coa financiación da Deputación de Málaga e a colaboración de La Mirada Invertida.

A obra trata sobre como vive a sociedade e onde se priorizan as actividades remuneradas, que reportan prestixio, pero existen tarefas invisibles e imprescindibles para soster a vida de todos e todas.

Este documental aborda unha das preocupacións da sociedade en xeral e dos movementos feministas en particular, o traballo dos coidados. Quen os realiza, como se valoran, que necesarios son, que aportan. Sen coidados non hai vida e sen vida non hai política, nin mercados, nin crisis,… non hai absolutamente nada. Que pasaría se as traballadoras domésticas se declarasen en folga de coidados?