Skip to main content
ActualidadeVilalba

Cruz Vermella Vilalba participou nun simulacro no Ceip Terra Chá

Por 8 Marzo, 2020Sin comentarios

Cruz Vermella Vilalba participou no simulacro de incendio no Ceip Terra Chá na parroquia de Román.

Os equipos de emerxencias puideron realizar un adestramento, un traballo en equipo para coñecerse mellor e coordinarse e coñecer as instalacións do centro educativo.

Ao mesmo tempo alumnos e profesores puideron poñer en práctica a evacuación do propio centro de ensinanza.

Neste simulacro participaron os compañeiros de Policia Local, Garda Civil, Bombeiros e a Agrupacion de voluntarios Proteccion Civil Vilalba.