Skip to main content
ActualidadeVilalba

O PP pide a comparencia da concelleira para explicar o que pasa co FIV

Por 9 Marzo, 2020Sin comentarios

O grupo municipal do Partido Popular en Vilalba, do cal é voceiro Agustín Baamonde, volveu a expresar a súa preocupación porque aínda non se teñan noticias da composición do cartel do FIV 2020.

“Agora falta un mes para a celebración do festival e aínda seguimos agardando pola primeira confirmación pero nada de sabe de grupos, da acampada ou das actividades complementarias, o único que fixeron foi comezar a vender entradas pero non sabes para que”, explicou Baamonde.

Para o PP, “está claro que o que queren é matar o FIV por inanición, que vaia perdendo influenza para logo aplicarlle a eutanasia”. Engade que este retraso nas comunicacións “non pode ser foito dunha política de abandono, creo que a idea é cargarse o FIV”.

Asegura Baamonde que a concelleira debería comparecer e explicar o que se vai facer porque “a xente está desconcertada, como por exemplo os hostaleiros, para os que esta cita é importante”.