Skip to main content
ActualidadeVilalba

Vilalba lanza unha campaña contra a violencia de xénero nestes días

Por 26 Marzo, 2020Sin comentarios
A concellería de Igualdade e o Centro de Información á Muller de Vilalba vén de poñen en marcha unha campaña informativa para achegar os recursos ás mulleres que podan estar sufrindo violencia nos seus fogares neste tempo de confinamento.
Do mesmo xeito, en coordinación coas farmacias de Vilalba e a Garda Civil, desenvolven unha estratexia para que, se algunha muller está en risco na súa casa e non pode chamar por si mesma, acuda a calquera das farmacias e cunha palabra clave, “Mascarilla19”, o persoal sabe que ten que chamar ao 112.