Skip to main content
Sin categoría

Grazas a Adamo sete parroquias do Concello de Viveiro contan coa Fibra Óptica máis rápida

Por 17 Abril, 2020Sin comentarios

Adamo, o operador da internet coa Fibra Óptica máis rápida do país (1.000 Mbps) chegou a varias parroquias de Viveiro nestes dous meses.

Nestes meses de marzo e abril puideron chegar a varias parroquias da zona sur como o son Covas, Galdo, Landrove, Magazos, Valcarría, Viveiro e San Pedro de Viveiro.

Centran os seus esforzos na provincia de Lugo e no rural xa que a conectividade a Internet é deficitaria e tamén por unha firme aposta do desenvolvemento e estabilización da poboación nestas áreas.

Están chegando a toda A Mariña e tiveron boa acollida nos concellos de Ribadeo, Mondoñedo, Foz e Burela. Os destinos nos que actuar seleccionanse pola iniciativa popular que se atopa na súa web e na que a xente comproba se a Fibra chega e en caso negativo fai unha petición para un proxecto.

Ademais, neste mes de confinamento lanzou a campaña #DesdeCasaMejor cunha serie de iniciativas para axudar ao consumidor para entender mellor que medidas tomar para soportar mellor o confinamento.

Adamo usan infraestruturas de Viesgo e levan despregando Fibra Óptica da máxima velocidade desde o 2018. O seu obxectivo e dotar de conexión a 85.000 fogares.