Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei inicia o proceso para elexir un novo xuíz de paz

Por 16 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei abrirá unha vez finalizado o estado de alarma o prazo de presentación de candidaturas para o posto de xuíz de paz, que terá unha vixencia de catro anos. Esta nova candidadatura ábrese xa que o nomeamento realizado anteriormente xa finalizou.

Poderá presentarse a este posto calquera persoa interesada que deberá entregar a súa candidatura no Rexistro Xeral do Concello, acompañada dun currículum vitae expresivo da súa traxectoria profesional e académica.

Os candidatos deberán ter a nacionalidade española, seren maiores de idade, non acadar a idade legal e xubilación forzosa e non atoparse incursos nalgunha das causas de incapacidade ou incompatibilidade que estabrece a Lei.

A proposta de elección realizarase polo alcalde e estará xustificada nos méritos académicos e profesionais alegados, e será elevada ao Pleno da Corporación para a súa aprobación por maioría absoluta.