Skip to main content
Actualidade

Aplazado o Northwest Triman das Pontes para outubro

Por 15 Abril, 2020Sin comentarios

Ante as sucesivas ampliacións do estado de alarma e a incertidumbre sobre cando e como poderemos volver vivir con certa normalidade, a organización do Northwest Triman das Pontes comunicou o aplazamento da proba dreportiva que se ía celebrar o 28 de xuño para o día 4 de outubro.

Despois de valorar todas as datas dispoñibles, e acordar coas diferentes autoridades tanto do Concello, Tráfico e Federación Galega de Tríatlon, decidimos pospoñer a carreira para o día 4 de outubro.

Por suposto, e como non podía ser doutra maneira, abrirase un prazo para solicitar a devolución do 100% da inscrición a todos os triatletas que non poidan vir na nova data, teñan ou non o seguro de cancelación contratado.

Cren que é unha data adecuada, xa que a afastamos o máximo posible. Desta maneira e aínda poñéndose na tesitura de que o confinamento se alongue, terán todo o verán para restablecer, expor o adestramento con calma, e prepararse a conciencia para gozar da carreira.

Tamén tiveron en conta as estatísticas climatolóxicas dos últimos anos e dese día en concreto. A temperatura da auga no Lago nesa data é sempre mellor, uns 3 graos, e a exterior, vento e choiva moi parecida a xuño.

Para iso aos rexistrados na edición 2020 do Northwest Triman propoñen dúas alternativas:

Manter a inscrición para o 4 de outubro, de maneira automática pasaase a estar na listaxe definitiva para a nova data, polo que non se debe facer nada.

Ou a devolución do 100% do importe da inscrición e da licenza dun día. Para aqueles que non contrataron o Seguro de Cancelación total abrirase un prazo de 16 días desde o 15 ao 30 de abril para solicitar a devolución da inscrición e así recuperar o 100% da inscrición e da licenza.

Para aqueles que si contrataron o Seguro de Cancelación Total amplíase o prazo de solicitude da devolución con data tope o día 4 de setembro e así recuperar o 100% da inscrición e da licenza dun día.

Para xestionar a devolución haberá que mandar un email a info@northwesttriman.com cos datos.

Ademais, para todos aqueles sen seguro de cancelación que continúen rexistrados para disputar a proba o 4 de outubro, tamén amplian a política de cancelación e devolución inicial. É dicir, a partir do 2 de maio devolveríasevos o 75% ata o día 4 de xullo ou o 50% se nos avisades antes do 4 de agosto.