Skip to main content
Actualidade

As Pontes comeza o reparto de máscaras entre os veciños

Por 19 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello das Pontes iniciará mañá, luns 20 de abril, o reparto de mascarillas entre a poboación maior de 65 anos do municipio.

Trátase das 1.200 mascarillas de tipo cirúrxico de triple capa, con certificado CE para produtos sanitarios segundo a directiva europea 93/42/EEC postas a disposición dos concellos da provincia pola Deputación da Coruña.

Este reparto gratuíto realizarase en colaboración cos 5 establecementos farmacéuticos da localidade. Repartirase unha mascarilla por persoa que deberá presentar, no momento da recollida, o Documento Nacional de Identidade (DNI).

A este número hai que sumarlle ás 30.000 mascarillas, coas mesmas características que as doadas pola Deputación da Coruña, mercadas polo Concello das Pontes e que se recibirán a finais do mes de abril, que serán repartidas entre toda a poboación. Un contrato que reserva a posibilidade de subministración de 30.000 mascarillas máis que chegarían ao municipio no mes de maio.

O obxectivo desta medida é reforzar a seguridade da veciñanza que teña que saír á rúa durante o período de confinamento e desde o Concello lembran que a utilización da mascarillas debe ser sempre complementario ás medidas de distancia interpersoal, hixene de mans e hixene de espazos públicos e privados.