Skip to main content
ActualidadeAgro TERRACHÁXA

A CHMS acorda a continuación de determinados procedementos administrativos

Por 28 Abril, 2020Sin comentarios

O presidente a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS), organismo autónomo dependente do Ministerio de Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, en exercicio das funcións atribuídas á presidencia do Organismo no artigo 30 da Lei de Augas, acorda a continuación de determinados procedementos administrativos afectados polo Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19.

O RD463/2020, na súa disposición adicional terceira, establece a suspensión de termos e a interrupción dos prazos para a tramitación dos procedementos administrativos aínda que, no seu apartado 4, prevé a posibilidade de acordar a continuación do procedemento administrativo cando resulte indispensable para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos e actividades esenciais.

Neste sentido, o presidente da CHMS rubrica o Acordo que posibilita a continuación dos procedementos que sexan indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos, a condición de que non sexa preceptivo o seu sometemento ao trámite de información pública ou o mesmo xa se realizou e finalizado antes da entrada en vigor do Real Decreto 463/2020, do 14 de marzo. Os procedementos adquirirán esta consideración por causas xustificadas derivadas da situación de crise sanitaria provocada polo COVID-19 e sobre as seguintes materias:

· Autorización de tallas e plantacións en zonas de protección de leitos (zona de servidume e policía).

· Autorizacións temporais para a derivación de augas que non pretendan un dereito ao seu uso privativo, sempre que a súa finalidade sexa o abastecemento de poboación.

· Autorización de vertedura ao dominio público hidráulico promovidos por unha Administración Pública ou por entidades privadas sempre que, neste último caso, estean relacionadas con actividades que se consideren esenciais a efectos do estado de alarma.

· Autorización de obras en dominio público e as súas zonas de protección, sempre que se promovan por unha Administración Pública e fosen declaradas ou teñan a consideración de interese xeral; ou por entidades privadas cuxas actuacións estean relacionadas con actividades que se consideren esenciais a efectos do estado de alarma.

Este Acordo foi asinado polo presidente o domingo, 19 de abril, e produce efectos desde esa mesma data, estando vixente mentres sexa de aplicación o estado de alarma declarado polo Real Decreto 463/2020 ou, no seu caso, as prórrogas do mesmo.

“Os procedementos administrativos non poden interferir en actividades esenciais relacionadas, directa ou indirectamente, con medios necesarios para evitar a propagación do COVID19, por iso habemos de actuar con dilixencia #ante determinadas solicitudes; non esquezamos que # EsteVirusLoParamosUnidos” concluíu José Antonio Quiroga, presidente da CHMS.