Skip to main content
Actualidade

Outeiro de Rei contratará sete traballadores para o servizo contra incendios

Por 26 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei vén de convocar o procedemen to de contratación de persoal laboral temporal para cubrir diferentes prazas para o servizo de prevención de incendios durante a tempada.

Así, hai convocados dúas prazas de condutor de vehículo motobomba, outros dous de peón de extinción de incendios, dous tamén de condutor de desbrozadora e un de peón forestal.

Non se require titulación para ningún dos postos, agás os condutores que necesitan posuír o permiso clase C.

O contrata terá unha duración de catro meses, que poden ser prorrogables por un tempo máximo de tres meses en función das necesidades do servizo.

Todos eles son de xornada completa e as retribucións mensuais oscilan entre os 1.220 euros e os 1.108.

Debido a situación de alerta sanitaria a selección dos candidatos realizarse nun primeiro momento a través dun concurso de méritos cunha nota de corte, de xeito que aqueles cidadáns que non cheguen a ela quedarán excluídos do procedemento.

O prazo de presentación de candidatos remata o 5 de maio.