Skip to main content
ActualidadeBegonte

Begonte repartirá máscaras de protección entre os veciños

Por 13 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Begonte adquiriu máscaras de protección individual para todos os veciños do Concello que serán repartidas casa a casa nos vindeiros días 🏠

Segundo indicaron fontes municipais, na primeria fase do confinamento polo Covid-19, o Concello de Begonte centrou todos os esforzos na atención aos nosos maiores, reforzando os servizos sociais e atendendo aos máis vulnerables, no achegamento de menciñas, alimentación ou calquera outra necesidade urxente e inaprazable. Os equipos de protección que achegou a Xunta de Galicia e as pantallas protectoras mercadas anteriormente polo Concello foron para o persoal de Axuda no Fogar e responsables de establecementos con atención o público.

O Concello de Begonte adquiriu máscaras de protección para toda a poboación, que serán repartidas en número de 2 por persoa, nos vindeiros días nos seus domicilios por persoal do Concello debido á prolongación do Estado de Alarma.

O Concello lembra que aínda se está en fase de confinamento, tendo que limitar as saídas, “por iso pedimos que cuiden de dito material para cando as autoridades sanitarias permitan as saídas, na fase de descenso do Covid-19”, indicaron.

O Concello asegura tamén que están a traballar nas medidas de apoio aos sectores máis castigados polo Estado de Alarma, e que se viron obrigados ao peche. “Transmitirlles o noso apoio e a nosa empatía, estaremos o voso carón”.

Aqueles que necesiten contactar co concello poden facelo a través do teléfono 982 39 61 43 (de 9h a 14h) e 663 58 76 32 (noutro horario).