Skip to main content
ActualidadeBegonte

Xa hai gañadores do concurso Begonte queda na casa

Por 15 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Begonte fixo públicos xa os gañadores do concurso Begonte queda na casa, organizado polo organismo municipal para animar á poboacion durante as primeiras semanas de corentena.

Establecéronse dúas categorías, audivisual e narrativa/cómic.

Así, na primeira categoría o gañador foi o vídeo Pensa na saúde e queda na casa, de Iria e Rami, que recibirán 100 euros. As redes sociais pola súa banda votaron a Xiao e Aleixo polo vídeo O derbi do ano, que recibirán 80 euros. Así mesmo, houbo dous accésit, o primeiro, dotado con premio de 3o euros, foi para O coronavirus de Pepa e Avelino, de Arón e Karla. O segundo, que recibirá un lote de libros foi para o vídeo Ceip Baamonde con Agarimo, do propio colexio.

Na categoría de narrativa e cómic o primeiro premio foi para o traballo de Julia Begonte queda na casa, que recibirá 60 euros. O premio das redes sociais, dotado con 40 euros foi para Arón e Karla, tamén gañadores na categoría de audiovisual, polo traballo Heores con capa.

Tamén concederon tres agasallos, O rei dos virus = coronavirus, de Daniel e Mateo; Quedo na casa, de Hugo, e Eu quedo na casa, de Sabela. Os tres recibirán un agasallo.

Dende o Concello de Begonte queremos agradecer a numerosa participación neste concurso, que tiña como obxetivo facer un aproveitamento lúdico e divertido nesta situación que nos está tocando vivir e que por suposto, vistas as propostas recibidas, o cumplimos.