O Concello de Begonte vén de comezar un plan de colaboración co CEIP Virxe do Corpiño de Begonte e co CEIP de Baamonde para facer chegar aos alumnos o material didáctico que dende os centros de ensinanza se está a proporcionar para continuar coas clases non presenciais.
O persoal do Concello encárgase de imprimir e levar aos fogares de todos aqueles alumnos e alumnas que non conten con medios propios ou teñan dificultades para obter as tarefas tal e como indica o propio centro de ensino.