Skip to main content
ActualidadeBegonte

O Concello de Begonte convoca un concurso de relatos telemático polo Día do Libro

Por 17 Abril, 2020Sin comentarios

O Concello de Begonte vén de convocar un novo concurso con motivo deste tempo de reclusión. Leva por título Contos de Begonte e vai dirixido a nenos e nenas de entre 3 e 14 anos, co fin de conmemorar o Día do libro, que se celebrará o próximo 23 de abril.

As propostas recibidas deberán tratar sobre Begonte, a súa xente, as súas parroquias ou as súas tradicións.

As narracións gañadoras incluiranse nun libro titulado Contos de Begonte, que o propio Concello editará e acompañaranse dun lote de material escolar e de lectura valorado en 30 euros para cada un dos premiados nas dúas categorías. Haberá cinco gañadores na categorías de 3 a 8 anos e outros 5 na de 9 a 14 anos.

Xunto coa proposta, deberá ser entregado un anexo cuberto e asinado (que se pode descargar da web municipal) e enviarase todo a cultura@concellodebegonte.es. A entrega só poderá efectuarse de manera telemática e terá que ser antes do 26 de abril.

Comunicaranse as persoas gañadoras o martes día 28 de abril nas redes sociais do Concello de Begonte así como na páxina web.

O acto de entrega de premios levarase a cabo o primeiro sábado que se permita tralo estado de alarma, unha vez reestablecida a actividade normal, ás 17.30 h. no Centro Sociocultural de Begonte (antiga Cámara Agraria) onde se visualizará o compendio dos traballos gañadores e se fará entrega dos vales correspondente