Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Adiado ao ano que vén o Premio Trapeiro de Honra

Por 22 Abril, 2020Sin comentarios

A Asociación Sociocultural Lareira de Soños dos Vilares adiar o Premio Trapeiro de Honra ao próximo ano por causa do COVID-19. Segundo explican, mantiveron o Certame Vilariñas 2020 por estar convocado antes do confinamento “pero non sabemos tampouco cando poderemos facer o acto de entrega de premios”. Agardemos que todo vaia voltando á normalidade e poidamos recuperar as actividades de sempre e outras novas.

Son xa seis edicións deste premio que corresponderon no 2014 a Xosé María Díaz Castro, en 2015 á Romaría Labrega da Chaira pola súa 25 edición, en 2016 ao músico Pepe de Cristos, en 2017 a Asunción dos Ares, en 2018 a Raúl Río e en 2019 a Sara Veres.