Skip to main content
Actualidade

O Concello de Outeiro convoca un certame de narración e debuxo

O Concello de Outeiro de Rei organiza un Concurso de Narración e Debuxo Infantil dirixido a rapaces e rapazas  empadroados neste municipio  ou que estean matriculados no Ceip Laverde Ruíz. Os participantes estarán divididos en tres categorías, ata 8 anos, de 9 a 11 e de 12 a 16 anos.

As narracións deberán ser en galego cunha extensión máxima dun folio, sobre o tema Viaxando por Galicia na que se contarán historias sobre viaxes, vacacións, andainas …, etc que teñan lugar en calquera lugar de Galicia.

Os debuxos serán feitos sobre folio de tamaño DIN A4, sobre o tema Imos de festa por Galicia. Os debuxos terán a temática de festas como o entroido, festas gastronómicas, temáticas, concertos, verbenas, etc.

Para poder envialos por correo electrónico poden sacar unha foto ao debuxo ou escanealo, enviando tamén os datos do autor/a.

O prazo de presentación dos traballos permanecerá aberto do 1  ao 25 de maio, e poden enviarse ao correo electrónico xuventude@concellodeouteiroderei.org; tamén poden presentarse  de forma física nas caixas de correo habilitados a tal efecto situadas  no supermercado Claudio  de Outeiro de Rei  ou nas oficinas municipais do Concello.

Cada traballo virá acompañado dunha folla cos datos da persoa participante: nome, apelidos, idade, teléfono e dirección.