Skip to main content
Actualidade

A Escola Infantil de Outeiro pecha o venres o periodo de inscrición

Por 26 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Outeiro de Rei manterá aberto ata o 29 de maio o prazo de solicitudes de admisión para o curso escolar 2020/2021 na Escola Infantil Municipal.

Durante este período de tempo os pais ou titores dos nenos que estean na actualidade matriculados no centro deberán presentar a solicitude de reserva de praza, no caso de querer continuar na escola infantil no próximo curso.

Paralelamente, os pais ou titores dos que desexen acceder a este servizo no próximo curso escolar deberán presentar solicitude de inscrición.

Para ambos supostos hai modelos normalizados que poden obterse na escola infantil, no Concello de Outeiro de Rei e a través desta web municipal.

Para mais información, a Escola Infantil Municipal atende de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, ou nos teléfonos  982 393 009 e 669 849 652.