Skip to main content

A escudería organizadora da proba automobilística Subida A Pontenova cancela por motivos sanitarios e económicos a súa novena edición, que se disputarse o 4 e 5 de xullo.

“Ante a crise sanitaria vivida nos últimos meses, e dada a situación actual de incerteza do futuro que nos depara, vémonos na obriga de suspender a proba”, explica o comunicado emitido pola escudería.

Consideran “económicamente inviable sacar a proba adiantes xa que establecementos colaboradores e patrocinadores non están non momento de poder axudar”, explican.

Así mesmo, comunican que renuncian a todas as axudas que recibirían neste 2020 por parte do Concello, a Deputación e a Xunta, e agradecen a todos a súa implicación. “A nosa intención é levar a cabo a novena edición no 2021 con máis ganas e forza que nunca”.