Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

O PAI de Guitiriz abre o prazo de reserva de praza

Por 19 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Guitiriz abriu o prazo de reserva de praza para o curso 2020/21 no Punto de Atención da Infanica (PAI) para os nenos e nenas que xa están matriculados no centro.

A renovación de praza poderá realizarse ata o 30 de maio preferentemente vía telemática a través do  email: rfanego@concellodeguitiriz.com. Tamén poderá facerse presencialmente pedindo cita previa con anterioridade a través do teléfono 982 370 109.

A solicitude deberá estar debidamente cumplimentada e facer constancia de calquera variación ou documentación oportuna.