Skip to main content
ActualidadeMuras

O Concello de Muras compra máscaras para a poboación

Por 13 Maio, 2020Sin comentarios

O Concello de Muras fixo unha primeira compra de material de protección ante o coronavirus para repartir entre a veciñanza. Esta compra foi feita como explicou o seu alcalde, Manuel Requeijo, “ante a escaseza de material aportado polas distintas administracións que teñen as competencias en materia de Saúde Pública”.

A compra consistiu en 250 EPI,s (Máscaras FFP2, xel hidroalcólico e luvas) que puxo a disposición dos veciños e veciñas no Centro de Saúde do Concello de Muras.

Ademais, o Concello continúan repoñendo o material cando se vai agotando. Do mesmo xeito, o alcalde agradeceu “a colaboración e boa coordinación cós sanitarios do Centro de Saúde”.

Paralelamente, a asociación Ammer Las Rozas e a de motoristas Cabaleiros Do Ferro fixeron a doazón de 350 máscaras para os veciños, que se repartiron xuntos coas demais.