Skip to main content
ActualidadeVilalba

Comeza o cultivo do liño na parroquia vilalbesa de Insua

Por 24 Maio, 2020Sin comentarios

Un novo ciclo comeza en Insua e por decimosegundo ano consecutivo as  mulleres da parroquia vilalbesa de Insua retoman o tradicional cultivo do liño, que traerá como conclusión a colleita que servirá para celebrar a popular Tasca do Liño a finais do mes de outubro, unha cita cultural que ten xa unha gran tradición e valor etnográfico na comarca.

Este ano, a sementeira non puido ser en grupo, pero o proceso non se parou. O obxectivo e continuar coas distintas accións que se corresponden a esta práctica de novo todas xuntas.