Skip to main content
ActualidadeVilalba

Protección Civil Vilalba pasa a ocupar un local máis pequeno na praza de Abastos

Por 27 Maio, 2020Sin comentarios

A sede do servizo de Protección Civil de Vilalba cambiará de ubicación nos próximos días tal e como comunicaron os seus dirixentes.

Así, deixarán o lugar que ocupan actualmente na Casa do Concello para ocupar un local ubicado na praza de Abastos.

Segundo indican os responsables do servizo, que tivo unha gran actividade durante o tempo de confinamento, pasarán de ter dúas estancias de 45 metros cadrados a un local de 16 metros “que nos van facer difícil a coordinación das nosas actividades aínda que intentaremos seguir dando o mesmo servizo aos veciños e veciñas do noso concello”.

Protección Civil de Vilalba foi fundada o 1 de marzo de 1995, data do rexistro da Agrupación de Voluntariosa, logo de ser aprobado o seu Regulamento en sesión plenaria por unanimidade de todos os grupos políticos.

Levan en marcha 25 anos de actividade ininterrumpida e pasaron por varias etapas de axuda altruista e que permitiron crear grupos de intervención multidisciplinar como GLPA, GRUMIR e SMPC. O Día 24 de maio de 2020 recibiron a comunicación de ter que abandonar o local “por necesitar este para outras actividades”.

“Sentimos os inconvintes que poidan ocasionar este cambio de local pero seguimos ao voso servizo no teléfono 112 o 982512595 ou a través do correo pcivil@vilalba.es”, conclúen.