Skip to main content
Actualidade

Unha caravana de vehículos ata Ferrol reclama o mantemento do traballo na comarca das Pontes

Por 12 Xuño, 2020Sin comentarios

Coa  volta a normalidade trala pandemia, As Pontes remota as súas mobiliizacións en contra do peche da central térmica de Endesa. Onte á tarde, traballadores e afectos das empresas auxiliares formaron unha caravana para reclamar unha transición xusta, un futuro con industria e emprego.

A concentración consistiu nunha caravana de vehículos promovida pola coordinadora da industria auxiliar de Endesa nas Pontes, integrada por UXT. CC.OO. e CIG. Os vehículos partiron da rotonda que dá acceso á fábrica, para atravesar o pobo e continuar rumbo ao porto de Ferrol, onde esperan chegar pasadas as seis e media.

A chuvia foi tamén unha parte importante desta concentración que intenta poñer de relevo de novo a situación que atravesa a localidade tralo anunciado peche da central térmica no mes de marzo previsto para o segundo semestre de 2021.

Mentres, o Ministerio de Transición Ecolóxica convocou para o día 22 aos integrantes da mesa de transición enerxética das Pontes, formada polo Concello, a Xunta, o Ministerio, Endesa, as tres centrais sindicais e as asociacións de comerciantes (Cohempo), industriais (Seara) e transportistas do carbón (ACTC).

O eixo da protesta consistiu na procura de alternativas laborais e garantías para os traballadore da comarca.