Skip to main content
ActualidadePol TERRACHÁXA

A Chintofanería de Pol organiza un campamento de verán en Baílle

Por 16 Xuño, 2020Sin comentarios

O grupo A Chintofanería de Pol celebrará este ano unhas grupos de xogo na natureza co nome xenérico de Bosque Tribo, dirixido a nenos de entre 4 e 12 anos, en horario de mañá, e que se desenvolverá no bosque de Baílle.

Na búsqueda da conciliación familiar e o fomento do amor pola natureza, presentan esta iniciativa de permanencia no medio, con actividades de exploración, experimentación, construción, xogo libre e cooperativo, excursións… todo dende unha metodoloxía activa baseada nas emocións e relacións de respeto.

Da man de monitores especializados, con ratios baixas e cumprindo os protocolos de hixiene e seguridade derivados da situación actual organizan esta actividade que se desenvolverá durante a primeira quincena de xullo e todo agosto. Os prezos serán de 220 euros por mes, 14 por quincena, 80 por semana e 20 euros para cada xornada.

Existe un número determinado de prazas polo que se recomenda a inscrición, que pode realizarse no correo contacto@achintofaneria.con ou no teléfono 678 864 818.