Skip to main content
ActualidadeFriol TERRACHÁXA

O Concello de Friol comeza o proceso para contratar as obras do novo centro colaborativo

Por 17 Xuño, 2020Sin comentarios

A Xunta de Galicia e o Concello de Friol cofinanciarán con 300.000 euros a contrución dun centro colaborativo. Trátase dun proxecto cun importante investimento, que ten como finalidade poñer a disposición de toda a poboación do municipio, tanto particulares como asociacións, empresarios, entidades de economía social, asociacións, servizos, etc…, un espazo, con premisas suficientes para a prestación de servizos, tanto no eido da economía social como a formación, e con puntos de acceso TIC.

Na actualidade, este proxecto atópase no prazo de licitación para adxudicación pública e os traballos comezarán no segundo semestre do 2020. Para a súa execución, está previsto contar coa axuda de Agader, dependente da Consellería do Medio Rural, concretamente a través do Programa Leader, por un importe de 160.000 euros.

O centro colaborativo estará situado na mesma ubicación donde estaba o antigo PAI e no lote continuo de titularidade municipal e que está baleiro, “pretendendo que estas novas e modernas instalacións poidan dar cobertura a todas as necesidades demandadas polos veciños e veciñas para dinamizar o noso municipio, con todo tipo de actividades culturais e lúdicas, así como ofrecer servizos á poboación en xeral”, di o alcalde, José Ángel Santos.

Esta actuación requirirá a demolición do actual edificio dedicado a PAI, que xa foi trasladado ao seu novo local. Este novo centro terá unha superficie útil duns 230 m2, nunha planta con dúas áreas claramente diferenciadas, unha para formación e outra de uso xeral.

O alcalde, José A. Santos, sinala “estamos comprometidos a facer este importante investimento, en colaboración coa Xunta da Galicia, dado que dende o equipo de goberno apostamos pola dinamización da poboación e a posta ao día, tanto con ofertas de formación como con prestación de servizos TIC, algo que será imprescindible no futuro e no día a día da nosa poboación, así como, poñer a disposición de locais de reunión no centro de Friol, coidando estes aspectos, implícitamente estamos a coidar o asentamento de poboación rural, que non precisará buscar fora do municipio ofertas nin prestación de servizos esenciais para toda a veciñanza”.