Skip to main content
Actualidade

A escola O Esteo de fútbol sala abre a inscrición

Por 20 Xuño, 2020Xuño 29th, 2020Sin comentarios

O club ponteés O Esteo FS xa se atopa planificando a vindeira tempada 2020-2021, polo que unha vez celebrada a reunión da directiva e o coordinador da Escola acordaron empezar co periodo de inscripción na mesma.

Có lema Queremos seguir contando contigo, únete a O Esteo FS deu comezo o prazo de inscripción para todos aqueles nenos e nenas que queiran formar parte da Escola de Futbol Sala de Base de O Esteo.

A solicitude de inscripción poderá descargarse na páxina web do club e, esta a súa vez deberá de ser enviada debidamente cuberta, xunto có xustificante de pago de ter realizado a inscripción á seguinte dirección de correo electrónico inscripciones.oesteofs@gmail.com.

A continuación mostranse as categorías cos seus anos correspondentes. A inscrición está aberta para todos os pequenos nacidos entre 2016 e 2002, para as categorías de biberón ata xuvenil. Os interesados en obter máis información poden facelo no número de teléfono 677 46 61 90.