Skip to main content
ActualidadeMeira

O Concello de Meira pon en marcha un servizo de recollida de enseres voluminosos

Por 25 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Meira informou a través dun banda, da posta en marcha dun servizo de recollida de enseres voluminosos que comezará este venres 26 de xuño e que se desenvolverá o último venres de cada mes.

O obxectivo deste servizo é facilitar aos veciños o ter que desprazarse ao punto limpo para depositar os mesmos debido moitas veces á dificultade que teñen para o transporte.

Recolleranse neste servizo mobles, electrodomésticos, cerámica sanitaria, etc pero non se consideran voluminosos residuos de podas, perigosos, restos de animais, sanitarios ou clínicos e o lixo de recollida selectiva.

Os interesados en que se lles recolla algún enser deberán comunicalo ao Concello no teléfono 982 330 102 con alo menos tres días de antelación á data de recollida.

Os residuos depositaranse no punto de recollida indicado polo solicitante e non poderán facelo antes do propio día da recollida.