Skip to main content
AbadínActualidade

O PSOE de Abadín denuncia que non hai Pleno dende hai catro meses

Por 1 Xuño, 2020Sin comentarios

“Desde fai mais de 119 días, é dicir 4 meses, non se celebran plenos no Concello de Abadín, tal e como marca a normativa. O Alcalde, ten secuestrado o Concello, coas súas políticas caciquiles e clientelares”. Así o dixo o voceiro do PSOE, Pablo Díaz López, tras coñecer a negativa do alcalde de celebrar a sesión plenaria ordinaria do mes de maio, tal e como marca a regulación do propio Concello de Abadín.

Dende o Grupo Socialista queremos denunciar o desgoberno municipal do Concello “gustaríanos saber de que ten medo o Alcalde e o equipo de Goberno, para non convocar as sesión plenarias correspondentes?, insistiu. E proseguiu coas súas criticas “a calidade democrática do Concello de Abadín brila pola súa ausencia, cada día que pasa é un despropósito”, espetou.

O voceiro socialista dixo “queremos que saiba que dende o Grupo Socialista de Abadín seguiremos interpelando, denunciando e vixiando a falla de calidade democrática do Alcalde de Abadín e de todo o Goberno do PP. Exercer de Alcalde implica obrigas democráticas, tal e como recolle a lei 1/1985, reguladora das bases de réxime local, polo tanto, senón saben cumprir a norma ten que marcharse”.

Petición de dimisión
Pablo Díaz lembra ademais que o pasado 20 de maio o Grupo Socialista emitiu un comunicado co que demandaba a dimisión do Alcalde pola súa incompetencia ante a crise do COVID. “Hoxe unha vez máis, a actitude anti-democratica do Rexedor volve a darnos a razón nas nosas demandas.Vostede é o verdadeiro exemplo do que non se debe facer en política”, resumiu.