Skip to main content
ActualidadeBegonte

Begonte devolverá o recibo de marzo das actividades socioculturais e clausura o curso

Por 5 Xuño, 2020Sin comentarios

O Concello de Begonte informou a todos os usuarios e usuarias de actividades socioculturais e deportivas que se dá por rematado o presente curso.

O pasado venres día 13 de marzo, con motivo da declaración do Estado de alarma en todo o territorio nacional, suspendíanse temporalmente todas as actividades, que non puideron volver a retomarse debido á situación sanitaria existente.

“Dende o Concello de Begonte poñemos fin ó presente curso como medida de seguridade e responsabilidade xa que aínda que camiñamos cara a tan agardada normalidade, debemos seguir cumprindo coas nosas obrigas sen baixar a garda”, indican dende o Concello.

Ademáis, indican que adopataron a medida de non cobrar as clases desfrutadas no mes de marzo, polo que todas aquelas persoas que tiñan pagada a súa cota anual, recibirán a devolución da parte proporcional correspondente ós meses de marzo, abril e maio do presente curso.

“Poñerémonos en contacto con todos os usuarios e usuarias para recoller o material propio que poidan ter nas diferentes instalacións municipais e que pola urxencia do momento non puideron levar”, subliñan.