Skip to main content
ActualidadeCospeito

Amplo seguemento da reunión informativa sobre as demandas do cártel do leite

Por 6 Xuño, 2020Sin comentarios

O recinto feiral Manuel Vila de Muimenta acolleu unha charla informativa dirixida aos gandeiros que estiveron en activo entre os anos 2000 e 2013, para informar dos procesos xudiciais abertos pola manipulación no prezo do leite por parte da maioría das industrial lácteas.

Esta reunión foi organizada pola Asociación de Empresarios de Muimenta, que engloba tamén aos gandeiros, en colaboración co bufete de avogados.

Un gran número de afectados acudiron a esta reunión na que se seguiron as recomendación efectuadas polas autoridades sanitarias, para informarse da resolución da Comisión Nacional do Mercado e da Competencia, tanto na súa presenza na reunión, como nas chamadas telefónicas que durante estos días se foron atendendo tanto para informarse como aclarar dúbidas.

Na reunión insistiuse moito na importancia de evitar a prescripción do prazo para a reclamación ás industrias lácteas, que remata o vindeiro 11 de xullo, recalcándose que para iso, simplemente hai que enviar un burofax á empresa, ou empresas, ás que se vendeu o leite nesos anos. Despois, xa se estudiará, pormenorizadamente, caso por caso, sen problemas nos prazos.

Os interesados en obter máis información poden chamar aos teléfonos 982 255 066//982 253 820.