Skip to main content
ActualidadeGuitiriz

Abre hoxe a aula Cemit de Guitiriz con aforo restrinxido

Por 2 Xuño, 2020Sin comentarios

A Aula Cemit de Guitiriz abre hoxe as súas portas cunha capacidade de oito persoas, medida de seguridade que se manterá ata o 15 de xuño.

Aconséllase que cada alumno traia o seu ordenador. De non ser posible, empregarase un da aula, coa pertinente desinfección tras o seu uso.

Para controlar o acceso á aula, debe solicitarse cita previa para facer un uso libre da conectividade da aula e debe facerse no correo cemit.guitiriz@xunta.gal, indicando os datos persoais (nome, apelidos, NIF e número de teléfono), o día e hora de cando se quere acceder á aula ou chamando a teléfono 982 370 062.

O horario da aula será de 9:30 a 11:00 e de 16:30 a 18:30 horas.